Carta dos veciños de Xunqueira, en Viveiro, dirixida á alcaldesa tralo desastre da riada

S. C. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

A asociación veciñal de Xunqueira expón a situación actual da zona, perante outro outono-inverno, e reclama solucións

18 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Veciños de Xunqueira, en Viveiro, celebraron unha asamblea e acordaron dirixir un escrito á alcaldesa (e ás autoridades da Xunta, en particular de Augas de Galicia). O escrito é o que segue:

«Señora alcaldesa: a Asociacion de Veciños Valdeflores de Xunqueira celebrou unha asamblea para expoñerlle aos veciños as tres propostas que Augas de Galicia pon sobre a mesa co pomposo nome de: “Plan de xestión do risco de inundación da Arpis Fluvial do Río Fontecova en Xunqueira”. Son tres proxectos que ao final é un só con lixeiras modificacións, proxectos aos que os veciños que representan a 160 familias do barrio mostraron o seu rotundo fracaso por unanimidade ante este claro exemplo de que a burocracia segue sendo torpe e prepotente».

«En primeiro lugar, os veciños afectados non fomos nin visitados nin consultados, isto chámase falta de democracia e bo goberno. En segundo lugar, o plan e as súas anunciadas solucións parte dunha gran mentira que por moito que se repita nunca se vai converter en verdade, digan o que digan os políticos de quenda.

Do que sucedeu en Xunqueira non tivo a culpa a zona plana desde a Carrapota ata o Campo da Festa, nin tampouco as copiosas choivas que se sucederon esa tarde noite. Que non foron únicas nin excepcionais».

«A zona xeográfica de onde veu a avalancha da auga sitúase mais arriba dos muíños, a dous quilómetros da zona urbana, e debeuse á falta de control de Medio Ambiente e Augas de Galicia coas cortas que se fan nas ladeiras do río; foron eses restos e árbores caídas no caudal sumado a que nesa zona non se realizaba limpeza do leito desde fai varios anos, e tendo en conta que nesa zona este verán cortáronse miles de toneladas de eucalipto, deixando os restos nas beiras do río que ademais atravesouse con carrocetas e tractores para sacar dita madeira, e ninguén fixo nada».

«Os veciños e os nosos representantes veciñais mandamos os últimos anos a Augas de Galicia cartas pedindo a limpeza do leito, e mentres tanto todo o verán o río veu turbio polo labor dos madeireiros na súa contorna».

«Ao chover torrencialmente acumuláronse troncos e restos das curtas en tres puntos da parte superior do río nunha destas presas, segundo nos dixeron os técnicos verbalmente o día da visita da Conselleira; chegou a ter unhas medidas de 18 metros de ancho e casi 5 metros de alto; cando esa acumulación de auga rompe todo ese caudal chega á zona de Xunqueira derribando todo o que atopa ao seu paso: muros, edificios, entre eles unha presa, construída no sigloXVII, que surtia de auga á antiga fabrica de

curtidos, hoxe Centro museístico Regal Xunqueira, declarado oficialmente como tal polo Consello da Xunta que presidía o señor Feijóo e na memoria do centro etnografico aparece así como na declaración de zona a protexer catalogada como “Arqueología industrial».

«Tamén leva a avalancha o último “Pelamio” da zona, ou sexa o último Obradoiro artesanal de curtición de peles que data da época mediaval».

«Os proxectos de Augas de Galicia non teñen en conta que este barrio é dende a década dos 90 zona especialmente protexida pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que o regula con un PEPRI, plan de protección de un casco histórico, polo que calquer modificación ubanística ten que ter en conta a Patrimonio quen non tería que autorizar e expoñer a exposición pública e a ratificación do pleno do Concello».

«Outra omisión grave para os veciños é o contemplar que neses proxectos desaparece o Río Pequeno que dende principios do século XVII existe en Xunqueira tra-la construcción dunha pequena presa no lugar dos Pelamios para sumistrar auga á fábrica de curtidos e de paso alimentar a 6 muíños; no seu percorrido ese canal de auga pasa por debaixo do barrio canalizado en arcos de medio punto ata o final no barrio, non volta nunca o río e desemboca na zona esquerda do humedal de Xunqueira».

«A presa de Xunqueira situada nas inmediacións da ponte nova e que quedou semidestruída coa avalancha de auga, e que agora queren destruír de todo chámase aquí historicamente Río Pequeno, xa que despois de pasar pola Fábrica de Curtidos, hoxe na súa maior parte adicada a cultura con dous museos oficiais, un de cerámica e outro de curtido, é un centro cultural de primeira orde, pasa por baixo de todos os edificios de Xunqueira cuberto de arcadas de medio punto ata a zona esquerda do humidal de Xunqueira; nunca volve ao río transformándose na auga doce dese humedal que se sigue Augas de Galicia co plan, acabará afectado, así como a súa zona de criadeiro e refuxio de aves».

«Esta modificación estética e urbanística ten que ter o visto e prace da Direccion Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

Señores de Augas de Galicia, Xunqueira é un barrio pequeno pero non imos permitir que uns funcionarios similares aos que recibían as mofas de Larra acaben co noso pequeno núcleo de poboación», señalan desde la AA.VV. de Xunqueira.

«Que queremos os afectados e veciños de Xunqueira?»

En la segunda parte de su comunicado, la AA.VV. de Xunqueira propone algunas soluciones a las autoridades, soluciones mucho más económicas, explican, que las que figuran en el proyecto técnico oficial.

«En principio un compromiso por parte de Augas de Galicia e Medio Ambiente de manter vixiancia encol das cortas de madeira na zona do río e as suas pendentes para que non se repita outra desgracia e manter limpa a zona de árbores caídos.

Restaurar o paseo dos muíños tal como estaba e o carreiro das dúas fontes existentes.

Na zona onde o río entra no barrio haberá que facer unha ponte máis grande e máis alta, mercarlle ó veciño a casa que amenaza con caer sobre o río e tirala e ampliar o río deixando paso rodado pos veciños de A Carrapota.

Xa no barrio contemplado no Pepri, restaurar a presa tal como estaba e que se contempla na declaración de patrimonio industrial da fábrica de curtidos.

Ampliar o cauce do río tal como estaba antes de que o alcalde César Aja cubrira as milenarias pedras de granito feldespático con cemento aproveitando de paso para reducir a anchura do río 2 metros, e de paso limpar o cauce de cascotes e cemento. Con esta solución Xunqueira e os seus veciños, todos maiores, poderán usar vehículos ou que se achegue unha ambulancia.

Restaurar a fonte tal como era dende fai séculos.

Estamos de acordo con que na ponte medieval se faga un aliviadeiro para tempos de crecidas no lado dereito baixo a rúa Camiño Real.

Na zona de debaixo da ponte non queremos que desapareza a rúa do Campo da Festa, pódese aumentar o cauce ocupando o valdío das monxas.

E sobre todo queremos un barrio tal como era e xa dunha vez, sin poñer desculpas de falta de cartos ou que outros organismos paguen errores alleos.

Déixense de monsergas, paguen os gastos que ocasionou sua ineptitude e devólvannos a tranquilidade e a Xunqueira de sempre. Sen escaleiriñas, pasos elevados e derribo do noso histórico urbanismo pintado por Julia Minguillon, Bujados e outros artistas. Se así non o fan, non imos quedar quietos e coas mans caídas, temos os de Xunqueira agallas suficientes para reclamar os nosos dereitos e loitar contra quen quere facernos dano», concluyen desde la asociación vecinal.

* Fdo. Asociacion de Veciños Valdeflores de Xunqueira. A presidenta e o Secretario.