Talleres de robótica para nenos de 7 a 12 anos en Viveiro

R ofrece a actividade na sala de usos múltiples do concello


viveiro / la voz

Potenciar a creatividade dos cativos, espertar o seu espírito emprendedor e adestralos en facetas como o traballo en equipo ou a oratoria son os obxectivos dos talleres de robótica que a empresa R, a través do seu programa Crea T, ofrecerá este sábado en Viveiro para nenos de 7 a 12 anos. As actividades desenvolveranse na sala de usos múltiples da Casa do Concello entre as 11.00 e as 13.00 horas. Desta volta, o proxecto consistirá na programación e construción dunha cidade que terá, entre outros, un coche con plastilina condutiva (con luz propia) ou un semáforo programado. E mentres os pequenos traballan coa robótica, os maiores escoitarán os consellos dun pedagogo especializado que resolverá dúbidas sobre a educación dos que naceron na era dixital, ou sobre o bo uso que adolescentes e milenials poden facer da Internet e as redes sociais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Talleres de robótica para nenos de 7 a 12 anos en Viveiro