Xornadas cheas de letras e boa música por toda A Mariña

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

XAIME RAMALLAL

Actos programados para hoxe en Viveiro, Ribadeo e Lourenzá e sábado en Burela

17 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe?•?12.00 e 13.00 horas?•?Praza Maior e Praza da Fontenova en Viveiro?•?Polas Letras Galegase en Viveiro sempre se lle dá a benvida tanto ás letras como á música. De feito a actividade clásica do Concello chámase «Música e Letras». Hoxe, primeiro na Praza Maior, actuará Bágoas da Terra. Despois, na Praza da Fontenova, onde tamén haberá concerto previsto da coral viveirense Alborada e contando coa participación da libraría Porta da Vila que lle dará tamén protagonismo aos libros escritos en galego, nesta xornadatan especial. Ademáis, en Viveiro as Letras Galegas estiraránse un chisco máis porque o día 24 haberá un obradoiro artístico (anotan previamente no 654 208 333) e o 31 de maio colocarase un vinilo na biblioteca municipal.

Mañá?•?20.30 horas?•?Teatro de Ribadeo?•?O Día das Letras Galegas irá máis aló do 17 de maio porque para mañá, sábado, está programado en Ribadeo o concerto tradicional da Banda Municipal de Música, estreando tres pezas, algunha narrada por Toni Deaño, como avanzou o director da formación David Ballester. «Interpretaremos diferentes tipos de música galega, tanto muiñeiras como xotas e pasodobres». Co cal, tamén haberá ocasión de baile.

Hoxe?•?Parque de San Francisco (en caso de choiva, no auditorio) en Ribadeo?•?20.30 horas?•?Cinco mulleres dan vida a A Banda da Loba, que se sumará no día de hoxe aos actos programados na comarca, neste caso concreto dende Ribadeo. O concerto que van ofrecer leva por título «Bailando as rúas». Tamén hai que lembrar a iniciativa de Francisco Lanza, que regala un caravel e un marcapáxinas por libro mercado.

Hoxe?•?A partir das 12.00 horas?•?Rúas e bares de Vilanova e Lourenzá?• A maiores, lembranza a Antón Fraguas ás 19.30 no salón de exposicións do concello?•?En Lourenzá, pola mañá o grupo de Lugo Cántigas e Frores percorrerá as rúas e bares locais. Pola tarde, a homenaxe ao protagonista das Letras 2019 contará cun recital poético a cargo da laurentina Marina Oural, que recitará poemas da escritora local Juana de Ibarbourou.

Sábado 18?•?20.30 horas?•?Auditorio Municipal (Casa da Cultura) de Burela?•?A Coral Polifónica de Burela, co gallo das Letras Galegas, é das formacións musicais da Mariña que nunca esquece esa xornada tan sentida polos galegos e galegas. De feito, coincide tamén cos actos do 31º aniversario da coral. Na cita de mañá actuará a anfitrioa, máis as corais polifónicas Estradense (A Estrada) e a de Mera (Oleiros). Será na Casa da Cultura de Burela.