Miriam Bermúdez suxire un «centro de negocios» para a reactivación laboral en Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

CEDIDA

A candidata do BNG tamén aboga por dinamizar o parque empresarial de Landrove

15 may 2019 . Actualizado a las 12:16 h.

Miriam Bermúdez, alcaldable do BNG en Viveiro, subliña entre os eixes centrais da súa candidatura «a creación de emprego e a reactivación da economía laboral». Por iso no seu programa propoñen «a creación dun centro de negocios, que conte ademais cun espazo de coworking para a mocidade emprendedora que desexe desenvolver os seus proxectos empresarias, e así apoiar as fases iniciais de desenvolvemento dos proxecto empresariais».

A candidata do Bloque apunta outras das ideas incluídas no seu programa electoral: «Impulsaremos ademais medidas para o desenvolvemento e dinamización do parque empresarial de Landrove, a través da participación en programas de axudas e subvencións da Xunta, que permitan mellorar servizos de sumidoiros, seguridade, limpeza ou conservación». Con ese mesmo obxectivo, engade Miriam Bermúdez, «continuaremos esixindo á Xunta a conexión directa deste parque empresarial coa autovía AG-64».