Bernardo Fraga propón un plan que axude a captar empresas para Viveiro

Por Viveiro «constata posibilidades de transformación da masa forestal» do municipio


viveiro / la voz

Bernardo Fraga, candidato de Por Viveiro á alcaldía, aposta por «poñer en valor as empresas locais que xeran postos de traballo e valor engadido». Expresouno despois de visitar este martes as instalacións de López Pigueiras, acompañados polo propietario da industria, Manuel López.

Para o vindeiro mandato, Bernardo Fraga propón a «realización dun plan municipal de captación de empresas para Viveiro, contando co asesoramento das empresas punteiras do noso concello». Por exemplo, López Pigueiras, que na súa sede elabora tarima xerando na actualidade «medio cento de empregos» e exportando e colocando a súa produción «a nivel internacional».

Despois da visita a López Pigueiras, Manuel Galdo, presidente de Promavi e número dous da candidatura Por Viveiro, declarou: «Constatamos as posibilidades de transformación da masa forestal de Viveiro e da Mariña, que van mais alá da pasta de papel, o que augura un bo futuro para o sector forestal».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Bernardo Fraga propón un plan que axude a captar empresas para Viveiro