134.000 euros do Concello de Viveiro e da Deputación para mellorar o pavillón deportivo

A alcaldesa e candidata do PSOE subliña que «damos resposta a unha necesidade e demanda veciñal»


VIVEIRO/ LA VOZ

«O PSOE, dende os gobernos do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo, responde a unha nova demanda dos viveirenses coa mellora do pavillón deportivo municipal». Así anunciaba onte o PSOE que ía invertir 134.000 euros para mellorar o pavillón de deportes e renovar o pavimento.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, informou este martes que Concello e Deputación financian con 134.000 euros a renovación do pavimento de dita instalación municipal. Desta cantidade, o organismo provincial achega 115.000 euros e o Concello 19.000. «Estes fondos xa figuran no Plan Único 2019», explicou a rexedora.

María Loureiro destacou que «con estas actuacións damos resposta a unha necesidade e demanda veciñal, pois o pavillón deportivo, construído hai máis de 20 anos, require desta renovación», apuntaba.

«Trátanse dunhas instalacións que empregan 300 deportistas do municipio de todas as idades -explica a rexedora- que practican fútbol sala, baloncesto, ximnasia rítmica, bádminton, balonmán... Tras estes traballos, contaremos cun polideportivo de primeiro nivel para albergar competicións federadas», indicaba. A alcaldesa tamén apuntou que as obras estarán listas para o inicio da nova tempada deportiva.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

134.000 euros do Concello de Viveiro e da Deputación para mellorar o pavillón deportivo