Denuncian a suspensión de consultas de pediatría en Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

XAIME RAMALLAL

CIG di que se cancelou unha de tarde con nenos citados

25 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

CIG Saúde A Mariña visitou onte o centro de saúde de Viveiro «para coñecer de primeira man -din- as carencias en materia de persoal». O sindicato nacionalista denuncia que o mércores estaba programada unha consulta de tarde de pediatría con nenos e nenas citadas, e que a media mañá «a EOXI de Lugo-Cervo-Monforte avisou de que se cancelaba, anulando as citas de todas as crianzas».

A central nacionalista tamén denuncia o peche este mércores de dúas consultas de enfermaría por ausencias xustificadas e programadas das e dos profesionais.

Concentración en Alcoa

A CIG tamén convoca para mañá, venres, unha concentración diante de Alcoa ás 13.30 horas, á que se sumará o BNG, para pedir unha tarifa eléctrica galega. O venres é un día especial, sinalado: agárdase que ese día o Goberno anuncie o estatuto definitivo elaborado para as grandes empresas consumidoras de enerxía. Del depende, probablemente, o futuro de Alcoa.