Miguel Mato presenta en Viveiro, 'Adeus, capitán Walton'

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

ANA GARCIA

Este sábado, ás 20.00 horas no salón de actos do Conservatorio

15 mar 2019 . Actualizado a las 22:30 h.

O escritor Miguel Mato Fondo presenta este sábado 16 en Viveiro a súa última novela, «Adeus, capitán Walton», publicada por Edicións Embora. Será ás 20 horas no salón de actos do Conservatorio viveirense de Música e xunto co autor, estarán a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o escritor e profesor Henrique Rabuñal. Tarde literaria esta de hoxe na cidade do Landro. Miguel Mato é un escritor de dilatada traxectoria, natural da Costa da Morte, tamén poeta e narrador. Profesor no ensino público. «Adeus, capitán Walton» é unha novela na que están integrados cinco relatos e aos que dedicou o escritor «moito tempo e traballo para chegar á composición final».