Olano lamenta «que a alcaldesa de Viveiro imite a Pedro Sánchez»

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

Di que se apunta tantos que non lle pertencen

02 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da xunta xestora do PP de Viveiro, o deputado Jaime de Olano, lamenta que «a alcaldesa de Viveiro imite a Pedro Sánchez ao pretender apuntarse tantos que non lle pertencen», tras asegurar esta que a licitación

das obras de dragado do porto de Celeiro, do canal de acceso a Viveiro e do porto deportivo, así coma a segunda fase da demolición dos galpóns se deben ás xestións realizadas dende o Concello.

«Son actuacións impulsadas pola Xunta, que é a institución que máis inviste en Viveiro», añade Olano, quen tamén apunta que atenderon as demandas da pesca.