«Nas reunións con Balseiro faltouse ao respecto»

Félix jorquera LUGO / RADIOVOZ

VIVEIRO

XAIME RAMALLAL

O edil renunciou a súa candidatura tras discrepancias coa dirección provincial do seu partido

01 feb 2019 . Actualizado a las 19:04 h.

Falar de crise no Partido Popular de Viveiro é o termo acaído para o que está a suceder, despois de que Antonio Bouza e a súa compañeira Cristina Goás deixasen a súa acta de concelleiros. De cinco concelleiros escollidos na lista das pasadas municipais en 2015, só restan dous.

-¿Os datos reflicten unha crise?

-Si. Son os datos que ninguén desexa nunca que sucedan no seu partido, pero as circunstancias sobrevidas foron así. Son decisións necesarias para demostrarlle á xente que en política non todo vale. Aquí houbo unha serie de actuacións por parte da dirección provincial que non compartimos nin nas formas nin nos fondos, que tomáronse de costas a todos.

-¿Sería inxerencia o verbo desencadeante disto?

-A dirección provincial ten a obriga de buscar sempre ao mellor candidato posible, pero sempre de cara e falando coa xente que traballa por e para o partido. A algúns os convencerían e a outros non, pero sería outra historia. As cousas fanse de fronte, con honestidade e transparencia e como iso en Viveiro brillou pola súa ausencia... Tamén porque co interlocutor que designou a dirección provincial, neste caso o señor Balseiro, as reunións foron pouco edificantes, pouco construtivas e nas que incluso se faltou ao respecto.

-¿Antonio Bouza deixa o Partido Popular ou deixa a política?

-Eu deixo a política. No Partido Popular levo afiliado dende o ano 1992, teño 52 anos e non o vou deixar. O PP é o meu partido e porque haxa unha liña de actuación que non comparto, non teño por que abandonalo.

-¿Como lles explicamos aos viveirenses a situación do PP?

-A explicación que lle estou dando creo que é bastante convincente. E de todas as maneiras quen debera dar explicacións é a propia dirección provincial. Agora veñen dicindo que fan cambios porque os resultados do 2015 foron moi malos. É verdade, eu fun o primeiro que ratifiqueino e puxen entonces o meu cargo a disposición do partido. Que se den conta a cinco meses das eleccións indica que hai poucos argumentos, que den explicacións xa porque no seu momento non deron nin a primeira.