Venden lotaría de Reis para axudar a afectados pola riada de Xunqueira

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

CEDIDA

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro esgotou en tres días os primeiros 2.000 euros en boletos que puxo á venda

28 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro está vendendo lotaría de Reis para axudar aos afectados pola riada que o pasado 18 de novembro arrasou o barrio de Xunqueira, acabando coa vida dunha veciña e provocando importantes danos en numerosas vivendas, rúas e vehículos, entre outros. Segundo indicou onte un dos directivos do colectivo, Vicente Míguez, os primeiros 2.000 euros de lotaría para o sorteo do vindeiro 6 de xaneiro que se puxeron a disposición da xente esgotáronse en tres días, polo que decidiron facer un novo pedido de 5.000 euros.

En participacións de 5 euros

A lotería despáchase en participacións de 5 euros, dos que se xogan 4, polo que queda 1 euro de «colaboración para a causa». A nova iniciativa conta coa colaboración da Asociación de Veciños de Xunqueira e do Concello de Viveiro. Segundo explica Míguez, poderase comprar en horario de mañá na Praza Maior, onde só na mañá de onte venderon catro talonarios. «Vaise esgotar seguro», avanzou Míguez.