Noite de Maxia en Viveiro con Jeff Toussaint e o Mago Rafa

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

28 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Donde tamén se vivirá unha xornada especial de Nadal será en Viveiro, que esta noite acollerá a súa tradicional Noite de Maxia. Nesta ocasión participarán nela Jeff Toussaint, coñecido como «El hipnotista», que sae habitualmente na televisión. Tamén o Mago Rafa. A cita está prevista para as 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz, e as entradas estarán á venda desde unha hora antes do espectáculo.