«Temos un préstamo e reunimos 3.800 euros en crowdfunding»

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

Ana Corujo e Lara Buyo abriron LAG en Viveiro no ano 2017. Nuns días acadarán un gran obxectivo: ter as súas propias máquinas

17 nov 2018 . Actualizado a las 13:45 h.

Lara Buyo e Ana Corujo montaron LAG en abril do 2017 en Viveiro. Naceu como unha empresa de serigrafía, de deseño e de venda de roupa pero pasiño a pasiño foi diversificando a súa produción. Ampliaron a súa actividade ao deseño gráfico, a pintar patios de coles, a preparar perfomances (o día 23 farán unha en Santiago).... Como voceira das socias, Ana Corujo analiza a situación económica e do comercio local desde o punto de vista dun emprendedor.

?¿Que balance fan deste ano e medio?

?Estanos custando porque somos dúas, pero tamén é certo que non fixemos un investimento inicial moi grande. Estamos contentas porque vemos melloras.

?¿Que é o máis difícil?

?Todo o que hai que pagar, tanto pola cota de autónomos (son as dúas) como as retencións trimestrais...A cota de autónomos parécenos unha burada para unha empresa que non está xerando grandes beneficios.

?¿Foilles complicado darse a coñecer?

?É moi complicado darse a coñecer. A nosa tenda non está no centro centro de Viveiro, pero o aluguer tampouco é tan caro como se estivésemos alí. Precisamos dun local moi espacioso porque senón non poderiamos facer os talleres.

?Cando decidiron abrir, ¿valoraron si sería mellor facelo nunha cidade ou nunha localidade máis pequena?

?Sempre nos preguntamos que sería mellor, se un sitio grande ou un pequeno, pero é certo que nos sitios máis grandes tamén hai moita competencia.

?¿Xa teñen clientes fixos?

?Temos clientes de asociacións que, desde que abrimos, veñen facer sempre as camisetas. Tamén temos pandillas que nos encargan as súas prendas...

?¿Como dan a coñecer o seu traballo?

?Repartindo flyers (folletos) nos coches, a través da redes sociais.... O máis difícil está sendo darlle agora difusión á páxina web.

?¿Que obxectivo se plantexan a curto prazo?

?Témolo cumprido. Comprar nós as máquinas (unha plóter de impresión e corte e unha plancha térmica) que agora temos subcontratadas. Para finais de mes máis ou menos contamos telas.

?¿Cando abriron o negocio tiveron que endebedarse moito?

?Nós temos un préstamo e reunimos 3.800 euros nunha plataforma de crowdfunding. Estamos contentas porque pensamos que este ano e medio fomos tirando, non tivemos que gastar moito e non temos una débeda tan grande.

?¿É complicado vivir só da tenda?

?É complicado. Si fora só a tenda non nos daría para vivir. Saímos adiante co deseño gráfico, cos encargos, cos traballos de personalización de produtos... e tamén temos un pub.

?¿Daríalle algún consello a quen pense abrir un negocio?

?Penso que os autónomos, polo que pagamos, somos uns pardillos, pero non hai cousa máis agradable que traballar para ti. Somos moi organizadas, traballamos moito, pero é gratificante.