«Destaca unha versión inédita de 'Catro Vellos Mariñeiros'»

LIDIA FERNÁNDEZ / Y. G. VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

O conxunto musical viveirense presentará o seu novo traballo "Cantar ben ou non cantar" o 18 de agosto en  Viveiro

24 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Sons de Celeiro lanzou o seu primeiro disco en 2015 e agora, tras ano e medio de preparación, ve a luz Cantar ben ou non cantar, o segundo disco deste coñecido grupo viveirense.

?¿Qué ten de especial este novo disco para o grupo?

?Baixo o meu punto de vista, o que o fai tan especial é que se inclúen sete cancións inéditas dedicadas a Luis Cebreiro, un personaxe moi venerado aquí en Viveiro. Quixemos rendirlle homenaxe a unha figura tan importante para o pobo.

?¿Cantas cancións compoñen este segundo álbum?

?Son un total de 14 cancións, entre as que destaca unha versión inédita de Catro Vellos Mariñeiros na que lle cambiamos un pouco o ritmo e lle damos un final a este himno popular.

?¿Que tipo de música predomina nas súas cancións?

?Pois temos de todo. Este disco ten cabida para vals, pasadoble, cumbia e tamén algunha que outra habanera.

?¿Canto tempo levou preparar este novo proxecto?

?Levamos un ano e medio preparando este traballo, pero gravámolo en dez días. Foi nunha discográfica de Lugo.

?¿Cantas persoas participan en Cantar ben ou non cantar?

?Actualmente somos 17.

?Entón, non seguen as mesmas vinte voces que empezaron no ano 2015...

?Desgraciadamente, non. Algúns tiveron dificultades compaxinando o grupo co seu traballo, familias... É unha pena, pero enténdoo.

?¿Quen compuxo os temas propios deste disco?

?Pois eu compuxen sete dos catorce temas que se inclúen neste álbum. Lamento Cubano e Lenda da Maruxaina son dous dos meus favoritos.

?¿Que pensan conseguir co lanzamento deste disco?

?Esperamos sacar ao menos o equivalente ó invertido (risas). Pero non nos podemos queixar porque a acollida sempre é moi boa. Estamos moi agradecidos por todo o apoio recibido.