Chega ao seu fin en Viveiro "A Mariña en feminino"

La Voz

VIVEIRO

PEPA LOSADA

10 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe?•?18.00 horas?•?Salón Multiusos da Casa do Concello de Viveiro e Biblioteca Pública Municipal?•?Din os maiores que «todo o bo se acaba». Pero seguro que desta vez haberá nova edición o vindeiro ano. Chega ao seu fin a iniciativa bautizada «A Mariña en feminino» da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña que o pasado luns abría exposición, con música de Guadi Galego, entre outros actos. Hoxe, na clausura, haberá momento de discurso, actuación coral de nenos e tamén das Moreninhas e encontro coa escritora Rita Morrigan.