Agradecementos a Aspanane

A. D. P. CARTA

VIVEIRO

19 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai hoxe un mes que Antonio deixou de asistir ó centro ocupacional de Aspanane. A súa enfermidade marcou o punto e aparte nesta relación.

Durante vintesete anos estivo acudindo día a día con ganas e ilusión para facer o seu traballo, facer deporte e ir de vacacións a diferentes lugares na compaña dos seus amigos e monitores, desfrutando moito de todo.

Esta foi a súa segunda familia durante todo este tempo, ás veces incluso a primeira, algo do que para nada me sentín celosa, todo o contrario, porque tamén tiven moito que ver en que el formara parte dela.

Chegado o remate desta etapa, eu, a súa sobriña, quero manifestar o meu profundo agradecemento a esta asociación, incluindo a todos e cada un dos seus membros, por facer posible unha vida «chea» e ilusionante para Antonio.

Ao longo deste tempo, Aspanane foi o seu motor, o seu proxecto, nunha palabra, a súa vida; estos dous últimos anos foi o seu refuxio e o meu respiro, conseguindo entre eles e nós poder cuidalo. Gracias, de corazón, por axudarme a chegar aquí e polo voso apoio en todo momento.

Seguimos formando parte da gran familia de Aspanane.