A Xunta destaca en Trabada a necesidade de impulsar unha xestión forestal sustentable


trabada / la voz

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse onte en Trabada con membros da Sociedade Agraria de Transformación

deste concello para coñecer os traballos que se levan a cabo na zona. Alí, o conselleiro destacou a necesidade de impulsar unha xestión forestal sustentable, tanto dende o punto de vista económico como ambiental, por ser este un sector clave na economía galega.

Na xuntanza tamén estivo presente o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan. Tamén a alcaldesa de Trabada, Mayra García.

Neste senso, José González salientou que Galicia lidera a silvicultura española, cunha superficie forestal de 2 millóns de hectáreas e un volume global de madeira de 192 millóns de metros cúbicos. «A produción de madeira é a principal achega económica do subsector forestal, seguido pola fabricación de mobles e de papel», matizou o titular de Medio Rural. Un sector, engadiu, que conta con 600 empresas industriais e comercializadoras e 2.400 autónomos, o que proporciona arredor de 70.000 empregos entre directos e indirectos.

O conselleiro José González tamén fixo fincapé nos máis de 80.000 propietarios forestais que teñen ingresos anuais polas cortas de madeira en Galicia. Isto tradúcese en que arredor do 12% das familias galegas perciben ingresos por valor duns 300 millóns de euros.

Exemplo en Trabada

Precisamente a Sociedade Agraria de Transformación de Trabada foi a primeira concentración de montes privada de Galicia e propiciou que toda a parroquia de Trabada, a capitalidade do municipio, estea completamente ordenada.

«Sodes un exemplo porque afondástedes na xestión forestal sustentable, profesional e con visión de futuro», salientou o conselleiro, destacando as case dúas mil hectáreas de monte concentrado cunha potente actividade que serve de referencia para toda Galicia.

O conselleiro de Medio Rural agradeceu o esforzo e traballo desta sociedade e avogou por seguir sumando esforzos e promovendo o asociacionismo e a agrupación forestal,

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta destaca en Trabada a necesidade de impulsar unha xestión forestal sustentable