A repetir 'enfariñada' en Trabada

y. garcía TRABADA / LA VOZ

TRABADA

CEDIDA

Este domingo se celebra la segunda edición de la cita culinaria, con concierto de Susana Seivane

04 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

¿Nunca ha probado la «enfariñada»? Pues este domingo, 5 de mayo, la ocasión vendrá perfecta. La única condición es que hay que ir a Trabada, porque allí se está preparando todo para celebrar la II Festa Gastronómica da Enfariñada, «unha xornada na que a música, a artesanía e a gastronomía se integrarán nunha mesma celebración para goce de todos os visitantes», explican. «Despois do éxito da primeira edición, prevese que centos de persoas asistan a esta nova edición», añaden. Además, se quiere convertir en un referente en A Mariña y en toda la provincia.

La cita contará con Vicente León, Cuarteto Illa Pancha, Airiños da Freba y la mismísima Susana Seivane, que sin duda será un apoyo fundamental a esta cita. Además, se abrirá el mercado de productos locales y de artesanía.

Hay que recordar que la «enfariñada» es un plato más que suculento y completo, de los tradicionales. Lleva torreznos, huevos, agua y harina. ¡Potente!

«O noso concello non tiña a súa festa gastronómica; agora si»

A alcaldesa de Trabada, como non podía ser doutra maneira, foi unha das que viu na enfariñada máis que gastronomía. Viu toda unha festa que, aínda que está nacendo, pois vai pola segunda edición, pode ter moi bo futuro, como acostuma pasar coas citas que teñen vencello en Galicia co bo comer. Son algo así como un valor seguro.

 -Trabada animouse para celebrar a segunda edición...

-Como o ano pasado tivo un éxito importante, este ano centrámonos máis na organización e en facer o contorno máis agradable. Entre outras cousas, aumentamos o número de persoas que participan neste proxecto. O ano pasado vendéronse máis de 300 racións. Este ano xa encargamos 500 cuncas e fixémolo con axuda da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña. É importante facer ese tipo de colaboracións. Este ano vai haber 16 mulleres cociñando e volve a participar a directiva do equipo de Club Trabada Futsal. Imos contar cun mercado de produtos locais, tanto comestibles como de artesanía, e vainos acompañar un ferreiro de Riotorto. Pretendemos dar a coñecer as actividades e produtos da zona, da comarca e da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, á que pertence Trabada. Tamén lle damos moita importancia á programación cultural. Imos ter o Cuarteto Illa Pancha (12.30) e a Airiños da Freba (13.30) pola mañá; pola tarde contaremos co concerto de Susana Seivane, ás 16.30 horas.

-Excelente plan dominical!

-A enfariñada é un bo reclamo en domingo. Pode que haxa moita xente que non a coñeza.

-E perfecto para o Día da Nai.

-E dá bo día outra vez.

-Nos últimos anos Trabada experimentou un bo pulo a nivel de promoción e atractivo turístico.

-Esta festa é un recurso bo tamén para promocionar Trabada como destino turístico. De feito, en poucos días imos presentar un vídeo que seguro que vai gustar moito, onde poñemos en valor todo o que Trabada ofrece: descanso fronte ao remuíño en que vivimos no día a día... Ademais, todos nos movemos tamén polo bo comer. A maioría dos concellos teñen a súa festa gastronómica, pero Trabada non a tiña. Agora si. O compendio onde se mestura gastronomía e cultura atrae sempre a máis xente.

-Digamos que é un concello zen.

-Somos!