Remata o prazo para solicitar catro liñas de axuda do Concello de Trabada


TRABADA / LA VOZ

O Concello de Trabada informa de que hoxe, vinte de novembro, remata o prazo de solicitude de catro liñas de axuda convocadas polo concello.

1.- Axudas para adquisición de libros e material escolar de alumnos/as de Educación Infantil do CEIP “Celso Currás” do Concello de Trabada.

-Beneficiarios: Familias empadroadas no Concello de Trabada. 

-Crédito orzamentario: 1.000€

2.- Axudas para o transporte escolar de alumnos/as do Concello de Trabada que cursan estudos postobrigatorios fóra do termo municipal.

-Beneficiarios: Familias cunha Renda per cápita familiar sexa igual ou inferior ao 150% do IPREM, a axuda será de 200€ para cada alumno/a beneficiario/a. 

-Crédito orzamentario: 4.000€

3.- Subvencións destinadas a promover a instalación de sistemas de deputación de augas residuais domésticas mediante fosas sépticas.

-Beneficiarios: As persoas físicas empadroadas en Trabada cunha antelación mínima de 12 meses e titulares de vivendas privadas, legalmente establecidas, do municipio de Trabada.

-Crédito orzamentario: 3.000€

-Contía da axuda: 50% do orzamento presentado cun importe máximo de 300 euros por solicitude.

4.- Subvencións destinadas a agricultores e gandeiros para axudas na realización de traballos agrícolas e gandeiros.

-Beneficiarios: Podrán solicitar estas axudas os agricultores e gandeiros que cumplan os seguintes requisitos:

? Que sexan titulares ou cotitulares de explotacións agrarias e gandeiras domiciliadas no Concello de Trabada.

? Que obteñan polo menos o 50 por cento da súa renda anual de actividades agrarias exercidas na súa explotación.

? Que figuren dados/as de alta no sistema especial dos /as traballadores/as por conta propia agrarios/as do réxime especial dos/as traballadores/as por conta propia ou autónomos/as, así como os/as encadrados/as en dito réxime pola súa actividade agraria.

? No caso de ser personas xurídicas o obxeto social das mesmas referirase a actividades agrarias ou gandeiras.

? No caso de personas físicas, que estén empadronadas no Concello de Trabada.

-Crédito orzamentario: 9.000€

-Contía da axuda: 20 euros por xornada completa de traballo, cun máximo de 25 xornadas por explotación, é decir un máximo de 500€ por explotación.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Remata o prazo para solicitar catro liñas de axuda do Concello de Trabada