Ana Pena, guía nunha das praias máis bonitas do mundo, As Catedrais: «En abril temos visitas con mareas vivas, a mellor época para vela»

PABLO CHAO RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Ana Pena, guía de Guía Tu Día na Praia de As Catedrais, en Ribadeo.
Ana Pena, guía de Guía Tu Día na Praia de As Catedrais, en Ribadeo. CEDIDA

Guía Tu Día comeza mañá a primeira das catro visitas que vai facer en abril á praia das Catedrais; terá un prezo de 10 euros por persoa e admítense mascotas.

10 abr 2024 . Actualizado a las 14:23 h.

Guía Tu Día, dirixida por Ana Pena, durante este mes de abril, organizará catro visitas guiadas a unha das praias «más bonitas» do mundo, a das Catedrais en Ribadeo. Estas comezan mañá ás 11 horas, a seguinte será este xoves ás 12 horas e as dúas seguintes serán o 24 e o 25 deste mes, ás 10.30 e ás 11 horas, respectivamente.

«Estas visitas están programadas para as horas de baixamar e seleccionei eses días polo tema das mareas, especialmente os días desta semana xa que hai mareas vivas. É moi boa época para ver As Catedrais», afirma Ana Pena.

Esta será a primeira experiencia de Ana organizando visitas guiadas As Catedrais, non obstante, xa fixo algunha anteriormente con grupos pechados ou organizados. «Eu son guía autónoma dende fai un ano, cando creei Guia Tu Día e ademais tamén traballo na Oficina de Turismo de Ribadeo en temporada alta», explica Pena.

Neste caso, a visita guiada das Catedrais consiste nunha visita polo areal, aproveitando que hai baixamar e alí explicar un pouco como se formou e cambiou a praia, xa que está considerado como o conxunto de arcos rochosos máis importante da Península Ibérica.

«Coas visitas que faigo o que pretendo é divulgar o que temos, que para mín é super importante, e non baixar, sacar unha foto e marchar. Quero poñer en valor algo que temos, por iso considero que son visitas para que coñezan algo máis delas», conclúe Ana Pena.

A duración das visitas será máis ou menos dunha hora, terá un precio de dez euros por persoa e cada visitante poderá acceder ao areal coas mascotas xa que ata o 15 de maio está permitido a presenza dos animais. Dende esa fecha ata o 15 de setembro, máis Semana Santa, está prohibido en todas as praias de Ribadeo.