Non todo vale en política

MÓNICA FREIRE RANCAÑO

RIBADEO

28 sep 2022 . Actualizado a las 17:36 h.

Semella que o goberno de Ribadeo avanza na dirección contraria aos intereses do Partido Popular. As últimas declaracións do seu voceiro municipal amosan un nerviosismo que trasloce a súa incapacidade para achegar propostas erepresentar os intereses da veciñanza.

Eu podería caer na demagoxia e dicir que o voceiro do Partido Popular cobra máis  do que merece, tal e como el me dixo a min fai uns meses nun pleno municipal, pero non o vou facer desde logo. Os seus case 73.000 € de soldo anual probablemente estean ben xustificados, e se deban ás moitas responsabilidades que ostenta. E de seguro que son ben importantes, porque recibe nin máis nin menos que a mesma remuneración que un Ministro do Goberno de España.

O que si quero, e debo, recordarlle ao voceiro do Partido Popular é que na política desde logo, non todo vale.