En Ribadeo organizan un taller de risoterapia para mulleres

La Voz RIBADEO/LA VOZ

RIBADEO

Ana Garcia

20 sep 2022 . Actualizado a las 14:06 h.

A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro de risoterapia para mulleres. Este obradoiro de risoterapia está dirixido a mulleres a partir de 16 anos e será impartido polo psicólogo Sergio Trillo. Desenvolverase os martes en horario de tarde. As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do CIM ou ben chamando ao 982 120 739. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición. O prazo para anotarse finaliza o 26 de setembro. As clases son gratuítas e serán os días 27 de setembro, 4 e 11 de outubro na Escola Vella de Rinlo en horario de 17.00 a 18:00 horas. En Ribadeo serán impartidas na Casa do Viejo Pancho os mesmos días en horario de 18:30 a 19:30 horas.