
Será en Campo de San Francisco; en caso de mal tempo, no auditorio
23 jul 2022 . Actualizado a las 14:58 h.A Banda Municipal de Ribadeo corresponde ao Día da Patria Galega, este luns, co seu concerto tradicional, que ofrecerá ás 20.30 horas no Campo de San Francisco, en Ribadeo (en caso de mal tempo, no auditorio). «Tocaremos pezas que xa interpretamos noutras ocasións, pero será un repertorio moi variado», sinalou o director, David Ballester.