Sobre a ubicación do novo centro de saúde de Ribadeo

Evaristo Lombardero Rico

RIBADEO

JOSE ALONSO

19 may 2022 . Actualizado a las 12:33 h.

        Como xa hai varias semanas que no escribimos sobre este asunto temos que lembrar dous puntos: 

1º Se as crónicas non minten o Concello de Ribadeo e mais a Xunta de Galicia están de acordo en construir un novo centro de saude en Ribadeo nuns terreos situados enfronte da Estación de Servizo, ou sexa a un kilómetro do centro casco urbano. 

2º Ate o día de hoxe non se coñece nengún documento ou proxecto oficial sobre o devandito centro de saúde.  Se existe non se deu a coñecer aos veciños e veciñas nen hai nengunha notificación oficial de que se poda consultar en algunha administración pública. 

        Queremos tratar hoxe un aspecto decisivo da política local que veñen consensuando dende hai moitos anos o PP, o PSOE e o BNG. Refírome á política urbanística e as xestións para a redaccióñ do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente o 25 de Setembro de 2014 polo Pleno Municipal e publicado no DOGA o 1 de Decembro do mesmo ano.