Acisa Ribadeo: «O único que crea este protocolo é máis confusión, máis gasto e máis frustración á hostalería»

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

PEPA LOSADA

Desde la patronal ribadense alertan del daño de estas medidas en una comarca que es fronteriza «con outra autonomía que marcha a un ritmo completamente diferente»

15 sep 2021 . Actualizado a las 16:01 h.

Desde Acisa Ribadeo se muestran críticos con el nuevo protocolo anticovid para la hostelería porque aseguran que «chegou tarde, mal e a rastro publicándose poucas horas antes da súa entrada en vigor». «Estamos desconcertados. Non podemos entender como as asociacións provinciais de hostalería aceptaron semellante protocolo. Na metade del fálase de cousas que xa se viñan facendo antes e a outra metade parece máis ben unha improvisación para dicir que en Galicia se fan as cousas diferentes ao resto de España. Danos a sensación de que as asociacións provinciais responden máis aos intereses da Xunta que aos dos seus asociados», explica Francisco Iriarte, presidente de la patronal.

El gerente, Jesús Pérez, afirma que «non entendemos como se pode establecerse un nivel básico que é mais restritivo en aforos que o nivel baixo de onte (martes). Entendemos aínda menos que se establezan diferenzas entre distancias de mesas ou clientes, volvemos á parvada de limitar por convivintes as barras ou ao uso individual. En Acisa preguntámonos, como se pode publicar un Diario Oficial de Galicia no que se esixe que se faga formación sen dicir como, onde e cando?, quen vai correr con eses gastos?, e cos das mascarillas FFP2 e das probas diagnósticas?».

Comarca fronteriza y políticos

Sostiene que «a estas alturas da pandemia outras comunidades están a volver á normalidade, restablecendo os horarios normais, ampliando aforos, eliminando as limitacións ou ampliando as dos grupos de persoas. E resulta que nós, unha comunidade das máis avanzadas en vacinación, seguimos impoñendo restricións, cun protocolo incompleto, que non deixa marxe aos negocios para traballar como desexan. É unha magoa que os representantes da Xunta ou os deputados da Mariña non lle expliquen ás Consellerías de Sanidade e de Economía o dano que estas medidas terán nesta comarca que é fronteiriza con outra autonomía que marcha a un ritmo completamente diferente. Alguén podería pensar que a Xunta de Galicia non ten moito interese pola Mariña».