«Sería mellor investigar a quen salta a corentena que controlar a quen vai ó bar»

Lucía Rey
lucía rey VIVEIRO / LA VOZ

RIBADEO

Enrique Porral, de O'Asador, de Viveiro, con algunos de los test de antígenos que tiene de reserva en su establecimiento
Enrique Porral, de O'Asador, de Viveiro, con algunos de los test de antígenos que tiene de reserva en su establecimiento Pepa Losada

Hostaleiros mariñáns estrearon restricións molestos «pola falta de ferramentas»

25 jul 2021 . Actualizado a las 23:23 h.

Molestos «pola falta de previsión» dunhas restricións que foron anunciadas pola Xunta de Galicia o mércores para entrar en vigor o venres, e «pola falta de ferramentas» para controlar que os clientes que queren acceder ós seus locais non son portadores do coronavirus, atopábanse este sábado boa parte dos hostaleiros de Viveiro, Ribadeo, Foz, Burela ou Cervo: os cinco municipios mariñáns que volven estar no nivel alto como consecuencia dunha quinta ola que onte roldaba xa os 570 casos activos. «As últimas medidas non nos parecen razoables porque foron sacadas dun día para outro sen aviso previo, e sen ferramentas para xestionalas, porque non temos ningún tipo de ferramenta para pedirlle ós clientes un test de antíxenos, un certificado de vacinación...», destacou José Luis Martínez Castañal, administrador de Casa Villaronta, que funciona en Ribadeo desde 1964. «Non sei quen ten capacidade nun negocio de restauración para empezar a coller uns certificados técnicos que, por exemplo, non sabemos se son de verdade ou non», agregou.

Colas este sábado en Ribadeo para comer en Casa Villaronta, de Ribadeo, situada a la izquierda
Colas este sábado en Ribadeo para comer en Casa Villaronta, de Ribadeo, situada a la izquierda JOSE ALONSO

O hostaleiro ribadense considera que a medida «é ben intencionada, pero mal xestionada, mal preparada e mal presentada», e indicou que as asociacións do sector «tampouco están axudando moito». «Vannos pegar outro baixón tremendo de vendas, outra vez mercadoría para tirar, empregados que quizás haxa que enviar outra vez ó ERTE se se pode, que me parece que non...», recalcou, e engadiu: «En moitos negocios sabemos que hai rapaces que saltan as corentenas e son focos de contaxio. Sería máis fácil que as autoridades investigasen onde están, onde tiñan que estar cando lles deron a PCR..., que obrigar aos hostaleiros a controlar quen entra no bar».

«A responsabilidade nunha sociedade é cousa de todos, non só de un sector que xa está machadado», José Luis Martínez, administrador de Casa Villaronta, de Ribadeo

 

Enrique Porral, xerente de 0’Asador: «Dentro do malo, podemos seguir funcionando, pero nin somos policías nin sanitarios»

O xerente do restaurante O’Asador, de Viveiro, Enrique Porral Fernández, explica que desta volta non perdeu mercadoría pese á redución de aforo que entrou en vigor ás 00.00 horas do venres. «Contaba con que [despois da reunión do comité clínico do martes] nos ían pechar e estaba en mínimos, non comprara aínda nada para a fin de semana, así que cando vin que seguiamos abertos comprei o que necesitabamos», sostén o empresario, que prefire ver o vaso medio cheo. «Dentro do malo, esta vez podemos seguir funcionando, pero os hostaleiros non somos policías nin somos sanitarios para estar pedíndolle á xente resultados de PCR, certificados...», reflexiona. Con todo, e tamén por precaución, no seu negocio ten dispoñibles varios test de antíxenos por se no último momento algunha persoa que quere acceder ó local non dispón de ningún documento que acredite que non está contaxiando o coronavirus. «Ó ser un restaurante, a nosa clientela é de idade media ou alta, e supoño que a inmensa maioría a estas alturas xa ten completa a pauta de vacinación. Non é como nun negocio ó que van rapaces de vinte, vintedous anos...», relata. Con todo, e aínda que confesa estar «á espera de como se vaian desenvolvendo os acontecementos», indica que unha reserva que tiña para o sábado pola noite foi cambiada para o venres. «Nunca sabes cal vai ser a reacción da xente porque neste momento todo molesta», indica.