Concerto este sábado da Banda Municipal de Música de Ribadeo

La Voz RIBADEO/LA VOZ

RIBADEO

É o concerto das Letras Galegas que foi aprazado por mal tempo para o día 22

20 may 2021 . Actualizado a las 18:52 h.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo trasladou o seu tradicional concerto das Letras Galegas, que a semana pasada foi aprazado polo mal tempo, para este sábado, día 22, ás 20:00 horas no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano, se as condicións meteorolóxicas o permiten.