O mundo literario ten voz propia esta ponte na Feira do Libro de Ribadeo

La Voz

RIBADEO

OSCAR CELA

Letras no Campo é a cita que este sábado conta con Chemi Lombardero, Baldo Ramos, Paco Rivas, Antonio Reigosa e Neira Brochs

15 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Da música á literatura. Sen dúbida dos epicentros culturais que se combinan á perfección e esta fin de semana iluminan unha axenda que quedara «light» nos últimos meses. O mundo dos libros, desde a cita ribadense de Letras no Campo, que arrancou onte co pregón da compositora local Carme Rodríguez e cun concierto da Escola Municipal de Música e Danza. No parque de San Francisco, a feira abre de 11.30 a 13.30 e de 17.30 a 20.30 tamén o luns 17. Este sábado presentan obra Chemi Lombardero (A morte de Colasón e outros relatos), Baldo Ramos (Porque te quero), Paco Rivas (Rosas envaiñadas) e Antonio Reigosa xunto a Neira Brochs (Cen historias máxicas pola Mariña encantada). O domingo turno de Ana Moreiras (Madia leva), Aurora Marco (Irmandiñas) e Yolanda Castaño (Xela quixo ser ela), ademais de Os Quinquilláns no auditorio con A pluma viva de Rosalía (20.30). O 17 será o turno de Beatriz Busto (Un país a la gallega. Galiza no NO-DO franquista), Primitivo Marcos (Viveiro 1810. Augas mortais) e a obra de Ramón Reimunde sobre Carvalho Calero. A A.C. Francisco Lanza repartirá caraveis o luns.