José Ginzo: «A web era un proxecto de antes do covid. Hoxe non se entende unha tenda sen unha potente»

y. garcía FOZ / LA VOZ

RIBADEO

José Ginzo Prieto tomó en 1986 las riendas del negocio que inició su padre.
José Ginzo Prieto tomó en 1986 las riendas del negocio que inició su padre. x. ramallal

«Para nós, cun punto de venta en Ribadeo, é moi importante que se recupere a mobilidade entre comunidades», suliña o xerente de Ginzo Moda en Foz e Ribadeo a agora con ginzomoda.com

08 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Ginzo Moda, con tendas en Foz e Ribadeo, referencia no comercio textil mariñán, estrea web: www.ginzomoda.com. Con ginzomoda.com veu a luz un proxecto de antes da pandemia que neste contexto impulsa a actividade do negocio familiar que leva José Ginzo. Tralo arranque en marzo e pasado un período de proba, «queriamos ter -explica- unha plataforma de pagos de última xeneración. Incluimos a maiores a forma de pago con Bizum que, tal vez, sexa o máis novidoso neste momento, aparte de poder pagar con tarxeta, PayPal ou transferencia. Para moita xente nova ou para a que o usa por primeira vez, Bizum resulta tan cómodo!». «Hoxe en día -continúa- non se entende unha tenda de moda sen un escaparate virtual adecuado. Agora mesmo que está arrancando a campaña, moita da nosa clientela vén cos ‘deberes feitos’ porque xa viron a web e traen claro o que buscan... Antes ías a tal tenda a ver escaparates pero hoxe non, estás na casa e o que fas é entrar na páxina e ver a proposta para esta temporada. Sorpréndeme que estamos facendo ventas en Valencia, País Vasco... É dicir, sitios onde antes era impensable chegar. Por exemplo, encapríchaste dunha prenda, vas ao buscador e nun porcentaxe moi alto aparecemos na primera páxina de Google e iso posiciónate. Por outra parte, antes deixábaslle ao fabricante unha tarxeta de visita; hoxe non, entra en ginzomoda.com e ve o respaldo que hai, os fabricantes e marcas coas que traballas».

-Están contentos coa estrea da web de Ginzo Moda?

-Moi contentos! É un respaldo que queremos coidar moito, o produto, a medida que vai chegando á tenda física tratamos de que estea xa visible na tenda online... É unha tenda máis, que nos leva tanto traballo como a física.

-Precisan para poder ter ao día a web a unha persoa soa ou como traballan para actualizala?

-Temos case que facer quendas para manter a páxina en condicións, claro! Hai que subir as fotos, as indicacións, estar pendentes constantemente dos pedidos cando entran... Está claro que unha tenda física permite interactuar co cliente doutra forma; no online a operación é ipso facto e quérese a prenda en 24-48 horas pero se chega en 72 horas xa chega ‘tarde’ e non consigues a satisfacción absoluta no cliente, se te retrasas na entrega. Por outra parte, estamos en negociacións para entrar na venta en plataformas de moda.

-Non é só ter web, tamén toca moverse polas redes sociais...

-Levamos anos traballando as redes sociais, tanto Facebook como Instagram. Agora aportamos unha posiblidade nova: todas as publicacións que facemos por redes sociais están redirixidas á nosa páxina web.

-De que forma condicionou a pandemia a súa apertura?

-Era un proxecto que había antes do covid porque non se entende unha tenda de moda física sen un soporte virtual potente. Que pasa? Que a pandemia trouxo moitas xornadas para poder pensar e redirixir todo isto cara o proxecto final.

-Como ve que se aveciña a temporada estival en ventas?

-En festa e ceremonia, o 2021 vai ser un ano de transición. Peor non pode ser que o 2020. Si creo que unha vez empece xuño, imos ter catro meses onde a actividade vai a medrar moito, penso.

-Polo fin do estado de alarma?

-Dígoo sobre todo pola vacinación. O fin do estado de alarma, a ver como se presenta... Para nós, cun punto de venta en Ribadeo, é moi importante que se recupere a mobilidade entre comunidades autónomas. É fundamental. Tamén porque necesitamos que a economía de Ribadeo volva a uns parámetros de normalidade. E necesitamos, no tema de Alcoa, saber que vai ocorrer e facerlle fronte ao que sexa; non podemos estar con esta incertidume, mes tras mes. Daña a economía global da comarca. Desexamos que se amañe.