«A Praza de Abastos de Ribadeo volveuse máis humana e máis cálida»

Y. G. RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

CEDIDA POR FARO NORTE

Tras ser objeto de una remodelación y una inversión de casi 60.000 euros

28 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

El pasado 16 de febrero, martes de Carnaval, la Plaza de Abastos de Ribadeo reabrió luciendo nueva imagen, tras la remodelación a la que ha sido sometida ganando notablemente en luz, calidez e higiene, pues parte de esta necesaria reforma se acometió en la zona de los baños, aún más esencial si cabe dada la situación sanitaria presente, al igual que en el pavimento, que se renovó, así como la instalación eléctrica, entre otros trabajos. A su vez, se ha dotado a las instalaciones de una «moderna máquina fregadora» que facilita la limpieza en un edificio de estética «art deco» según diseños del arquitecto Ramiro Sáiz, cuya construcción acabó en 1925. El Mercado de Abastos fue posible gracias a que el Ramón González Fernández donó los terrenos.

La inversión, con financiación europea, rozó los 60.000 euros. 20.000 los aportó el Concello de Ribadeo (además, concejalías de Medioambiente e Obras realizan el mantenimiento). «Pretendíamos dinamizar e poñer en valor de novo a Praza de Abastos e todo o seu entorno para siga a ser un punto neurálxico da vila, seguir apoiando o comercio local, de proximidade e calidade», señala el concejal Pablo Vizoso.

Horario. De lunes a sábado, de 8 a 15 horas (atención preferente a mayores de 65 años, de 9.00 a 10.00 horas, debido al covid)

Pablo Vizoso, concelleiro ribadense, nunha imaxe de arquivo
Pablo Vizoso, concelleiro ribadense, nunha imaxe de arquivo

Pablo Vizoso, concelleiro: «Fixemos unha reforma moi necesaria e non renunciamos a unha renovación integral»

A Praza de Abastos de Ribadeo inicia unha nova etapa ilusionante para os seus nove praceiros, algún con posto alí dende hai case medio século. Aínda que a mellora actual é evidente, sempre quedan asignaturas pendentes, recoñece tamén o edil de Comercio, Turismo e Economía Pablo Vizoso do Concello de Ribadeo: «A nosa intención era abordar unha reforma máis integral e profunda. De feito, era un proxecto ilusionante e bonito que se iniciou no mandato anterior. Pero os importes sobrepasaban a capacidade dun concello (máis dun millón). A idea era máis ambiciosa, pero non desistimos no futuro de facer unha reforma integral a praza. Agora poidemos optar máis a outro tipo de intervención, que nos permitiu renovar instalacións, saneamento e electricidade e logramos humanizala».

—Que empresa acometeu a obra?

—Entre varias ofertas recibidas, foi adxudicada a Gestión Gratelu, que presentou a máis ventaxosa, seguindo escrupulosamente as bases de contratación e a lexislación sobre contratación pública. É unha empresa local de Ribadeo; renóvase integramente a Praza de Abastos e á vez conseguimos tamén dinamizar o tecido empresarial local.

—Cal foi a principal mellora?

—A obra rondou os 60.000 euros. Podería destacar tres puntos. Un primeiro: un novo pavimento, renovado totalmente, que lle dá moita máis claridade á praza e non é tan esvaradizo. Segundo punto: a renovación total das luces, coa dotación de leds que aportan moita luminosidade. E terceiro punto: a renovación total dos saneamentos, unha renovación que era necesario acometer.

"Estas reformas son necesarias, sobre todo nestes momentos, para fidelizar ao cliente"

—Os postos que hai na actualidade son os clásicos de venta de froita e verdura, carnes e peixes. Pensouse en diversificar a oferta?

—Vai ser un punto que intentaremos abordar proximamente e no que xa viñamos traballando dende o inicio do mandato: intentar diversificar e reorganizar os postos. Tiñamos en mente facer unha obra o máis integral posible, para adaptar a praza aos tempos de hoxe. Témolo en axenda.

—O edificio é de 1925, o que lle dá máis encanto á oferta comercial.

—Hai características indianas na construcción e edificio. Reúne varias carcterísticas: unha arquitectura propia dunha época, está ubicada no centro neurálxico da vila, forma parte de Ribadeo e permítenos seguir disfrutando do comercio tradicional de sempre e que inspira confianza. Ademais, estas reformas son necesarias, sobre todo nestes momentos, para fidelizar ao cliente.

Imaxe antiga do Mercado de Abastos de Ribadeo no ano 1925, cando se rematou a súa construcción
Imaxe antiga do Mercado de Abastos de Ribadeo no ano 1925, cando se rematou a súa construcción ARCHIVO DE FOTO MIGUEL

Opiniones de los vendedores tras la remodelación

  • «Agora vese máis guapa, máis limpa e con máis luz. Estar nunha praza de abastos ten as súas vantaxes e inconvintes pero é emblemática e está céntrica. Agora, si que había que impulsala máis e atraer xente nova. Penso que había que darlle unha boa volta a nivel comercial». Loreto Tojo García (Peixes Dina).
  • «A praza volveuse máis humana e cálida. Representa moito en Ribadeo e dá vida». José Javier Pérez Mon (Carnicería Maruja)
  • «Todo o que sexa mellorar está ben. Quedou máis clara, iluminada e con baños novos... Nun edificio antigo nótase moito». Manuel González (Carnicería Manuel González)
  • «Agora hai máis iluminación e vese todo máis hixiénico. Estamos a gusto aquí, dende hai doce anos». Beatriz Díaz Pérez (Frutas Bea)
  • «Todo o que sexa mellorar é bo, aínda que a praza necesita outra reforma máis completa, tamén no tellado. A Praza de Abastos de Ribadeo está céntrica, ten aparcadoiro e é un bo sitio comercial, bonito, con bares arredor». Daniel Fiallega (Carnicería San Miguel)
  • «Gañou en claridade e hixiene, nos aseos e nos sumidoiros. Está moi céntrica, con comodidade á hora de aparcar. Ten moitos clientes fixos». Lorenzo Ruiz Misioné (Carnicería Soto Misioné)