Huelga indefinida desde este jueves de trabajadoras del Centro de Día de Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

FARO NORTE

«A  Xunta pretende desmantelar o noso equipo profesional. E faino no peor momento dunha pandemia na que todas estamos en primeira liña», denuncian

16 feb 2021 . Actualizado a las 18:00 h.

«As traballadoras do Centro de día de Ribadeo iniciaremos unha folga indefinida que comezará este xoves día 18 durante toda a xornada, e se ampliará durante os xoves seguintes con paróns de 8 a 11 da mañá». Así anunciaban ayer el paro las trabajadoras del centro de mayores ribadense.

«A orixe da nosa protesta -explican- é que a Xunta de Galicia pretende desmantelar o noso equipo profesional. E faino no peor momento dunha pandemia na que todas estamos en primeira liña. Así nolo pagan. Accedimos ao noso posto de traballo polos sistemas selectivos legais que as Administracións estableceron. Fixéronsenos contratos temporais para desempeñar postos de traballo nos que levamos mais de 13 anos. A Xunta comete abuso reiterado con nós nos nosos contratos laborais e agora, en vez de facer o posible para que os nosos contratos sexan fixos, pretenden botarnos á rúa».

«As Directivas Europeas prohíben o uso abusivo da contratación temporal a que nos vemos sometidas todos estes anos. Contratación temporal á que a Xunta non lle quere dar unha solución xusta e ponderada a un problema que eles mesmos xeraron. Na defensa dos nosos postos de traballo, obríganos a colapsar os xulgados (numerosas sentenzas xudiciais nacionais recoñecen o abuso ao que levamos condenadas dende fai máis dunha década) e a facer mobilizacións para poder seguir traballando. Somos un equipo de profesionais cohesionado que coñece á perfección as metodoloxías de traballo, os recursos e características poboacionais deste concello e coñece as persoas maiores e familias que atendemos. E agora, a Xunta de Galicia pretende, despreciando a calidade dos servizos nos Concellos, tirar ao lixo tantos anos de traballo e experiencia», afirman.