O Concello de Ribadeo coloca a bandeira LGTBI no balcón da súa fachada


ribadeo / la voz

O Concello de Ribadeo pendurou no balcón do edificio municipal esta semana a bandeira LGTBI no marco da celebración hoxe, 28 de xuño, do Día do Orgullo LGTBI.

A edil de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que «este ano non se organizou ningunha actividade de sensibilización por mor da situación na que nos atopamos, pero desde o Concello de Ribadeo queremos seguir traballando na aceptación da diversidade sexual e a non discriminación».

A concelleira ribadense dixo que «hoxe, 28 de xuño, conmemórase o Orgullo LGTBI (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais). Desde o Concello de Ribadeo queremos amosar o noso compromiso coa igualdade e contra a discriminación de xénero e das características sexuais de cada quen».

O concelleira ribadense Mariluz Álvarez Lastra recordou tamén que «o pasado febreiro colaboramos coa ANPA A Faxarda do Colexio Público Gregorio Sanz organizando uns talleres sobre a diversidade afectivo sexual para todo o alumnado cun resultado moi satisfactorio».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Concello de Ribadeo coloca a bandeira LGTBI no balcón da súa fachada