«Nunca esquecerei a morte dunha compañeira, a impotencia que sentín»

José Francisco Alonso Quelle
josé alonso RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

JOSÉ ALONSO

LOBOS DE MAR | «A miña vida non foi doada, pero volvería ser percebeira, sen dúbida», dice Celia Pacio

20 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

«A miña vida non foi doada. Casei con 16 anos e tiven catro fillos. Vin a Ribadeo con 18 anos sen ter saído nunca da aldea, pero estou moi orgullosa do que fixen, e volvería ser percebeira sen dubidalo». Es la reflexión de Celia Pacio, expatrona mayor de la cofradía de pescadores de Ribadeo, tras hacer memoria de sus 60 años, de capítulos y episodios que jalonan su vida, que cuenta como anécdotas: «Saquei o carné con 45 anos. Díxenme, en canto teña cartos para sacalo tiro para adiante. E saíu á primeira!».

Cuando llegó a Ribadeo, Celia Pacio no había visto el mar, un mar que se iba a convertir en uno de los ejes de su vida. «Eu era dunha aldea de Riotorto -en el interior del Lugo-, e vin en 1978 para Ribadeo porque cando Luís -su esposo- veu da mili foi traballar na montaxe da factoría de Alúmina. Levabamos dous anos casados e viñemos para Ribadeo. Ía ser por seis meses e xa levamos aquí 42 anos».

«De rapaza nunca pensei que ía acabar traballando no mar», añade. Tras una temporada de empleada doméstica, a los 24 años le surgió la oportunidad de sembrar ostra rizada en la ensenada de A Vilavella, en la ría de Ribadeo: «Empecei sen ter nin idea do que era o mar. Como cobrabamos por día, durante un tempo mantiven os dous traballos». Tras las ostras (gestionaban un parque) sembraron almejas y se creó una agrupación de mariscadoras de playa para velar por sus derechos e intereses. Celia Pacio fue elegida presidenta, iniciando así su larga experiencia como representante de sus compañeros y compañeras de trabajo.

«Sobre o ano 1995 comunicáronnos que iamos ter que facernos autónomas e que deberiamos facer fronte ás cotas da Seguridade Social. Moita xente deixouno, quedou polo camiño porque non quixo pagar, xa que antes estabamos subvencionadas. O certo é que había temporadas nas que da praia non sacabas para pagar as cotas da Seguridade Social», dice.

En el 2004, las cofradía de Rinlo y de Ribadeo se fusionaron, uniéndose en la de Ribadeo, porque tenía mucha más actividad. «E por entón foi cando as poucas que quedaramos das mariscadoras de praia, as que decidimos pagar as cotas á Seguridade Social, demos o paso e metémonos no percebe. O sector da praia estaba caendo moito e non daba de si», recuerda Celia Pacio. Fue entonces cuando empezó a asumir un mayor protagonismo: «Non o tiña pensado, pero empecei a asistir a reunións e unha cousa levou á outra, ata que me elixiron patroa maior».

Lo más duro

Al percebe trabajó unos diez años. De aquellos tiempos, duros hay una fecha que tiene grabada a fuego, el 21 de diciembre del 2009, cuando falleció trabajando una compañera, María Antonia González Postigo, de 51 años.

«Foi o máis tremendo que nos puido pasar, traumatizounos por moito tempo. Ela era unha muller que estaba acostumada a andar por sitios perigosos, pero foille tocar nunha pena que non tiña complicación... Despois de canto pasou esa muller foi morrer alí. É duro, pero sobre todo triste, moi triste. Nunca esquecerei esa morte, a impotencia que sentín, que me veu enriba con esa desgraza. Polo menos púidose recuperar o corpo e non o levou o mar. Porque, se ben en moitos traballos colles riscos e podes morrer, o mar pode levarte».

Cuando ve el peñasco donde se produjo el accidente, siempre tiene un recuerdo para María Antonia: «Ela foi quen me ensinou o traballo, a coller e seleccionar o percebe, quen me amosou as penas onde se daban. Á parte de ser compañeira tiña un especial cariño por ela».

«Cando me dixeron que non podía volver ao mar entrei nunha depresión»

Del trabajo de percebeira dice que era duro y complicado, si bien matiza: «A nosa non é a Costa da Morte. Ten o seu perigo, bastante, pero non tanto».

Y no duda al afirmar que el esfuerzo merece la pena y que volvería a trabajar de percebeira: «O meu desgusto máis grande foi cando me dixeron en Inspección de Traballo que non podía volver. Entrei nunha depresión. Miña nai dicía: se me toca a lotería sacareite do mar, e eu contestáballe, non, para min a vida é o mar. Non sei como me entrou dentro, porque xa non saíu. Eu só vira o mar de nena, nunha excursión de pícara. Nunca vira nada igual. E enganchoume».

Patrullando de noche para combatir el furtivismo: «Ás veces tiñas medo»

De sus años de percebeira, Celia Pacio recuerda las patrullas que formaba con sus compañeras para combatir el furtivismo: «Polo día xa estabamos traballando e pola noite faciamos grupos para vixiar. Dependendo das mareas íamos ata as dúas da mañá e a partir das seis e media. Despois a Xunta púxonos un vixilante. Sorprendemos a xente, e houbo momentos nos que pasamos medo porque non sabías con quen ías dar, pero non chegamos a enfrontarnos cos furtivos. Cando descubriamos a algún chamabamos á Garda Civil ou ao Seprona, e mentres non viñan ás veces chamabamos a outras percebeiras para que viñeran axudar. Houbo casos, pero nunca sufrimos represalias».

PERFIL

Celia Pacio fue durante seis años patrona mayor de Ribadeo (la primera mujer), fue directiva y vicepresidenta de la Federación Provincial de Cofradías de Lugo y directiva de la Federación Gallega. Dejó el marisqueo a los 54 años, por enfermedad, después de trabajar 30 años, diez de ellos de percebeira.