Amar en tempos de corona

Estíbaliz Veiga ARRIBA O PANO!

RIBADEO

PEPA LOSADA

27 abr 2020 . Actualizado a las 21:23 h.

Nai din que non hai máis que unha, certo. Nai natureza, que nos trouxo a todos á vida. O planeta ó que non facemos máis que ignorar e machacar é o que nos dota de alimentos, de oxíxeno e de luz... e non fomos quen de agradecerllo. Que pena. Agardo que esta crise histórica nos cambie e neste caso, moito. Que nos dote do amor que nos faltou hasta agora para coidar da Terra e a súa luz. A nosa Luz. E agora máis «sombra», unha desas nais que si que aman de verdade ós seus fillos, (porque desafortunadamente hainas que non ), marchou o 20 de abril deixando un pouco orfas as horas de letras de lirismo nado en Ribadeo.

Dicía Wilde, que todos estamos no mesmo Pozo, pero só algúns vemos a Luz das estrelas». Quedaremos con iso para a eternidade , coa luz de Luz, nai de poemas da nosa lingua nai, nacida no meu Ribadeo do corazón. «As últimas palabras dun recinto secreto, poder ouvir cando sosega o tempo unha fuga de Bach nun violín invulnerable e mudo». Luz Pozo Garza. Con 7 anos trasladouse coa familia a Viveiro, hasta 1936. Na Guerra Civil o pai, ( republicano), foi ó cárcere. Por seguridade marcharon a Marrocos e de volta, xa en 1980 converteuse en Catedrática de literatura, poetisa e ensaísta, formaba parte da RAG desde 1950. Con 28 anos foi nomeada membro e no 1996, foino con número. Nunca parou de «parir» fillos literarios, en 2019 publicou o último, Pazo de Tor, tributo ás raíces maternas. O amor e a sensualidade eran as características da obra desta MULLER QUE NOS INSPIRA a outras e alí onde alumee a súa estrela si que a veremos, dende o pozo, sempre como unha das grandes nais das nosas lingua e cultura.

 *O pasado 22 de abril foi o Día Mundial da Terra