Dous conselleiros e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria visitan este luns a comarca

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Carlos Castro

Participarán en actos en Cervo, Foz e Ribadeo

08 mar 2020 . Actualizado a las 20:39 h.

Dous conselleiros e o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria visitan este luns A Mariña.

Ás 10.30 horas, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, participará en Foz  nun encontro en materia de seguridade viaria coa Asociación  de Xubilados Terra- Mar, no local da asociación, e ás 12.30 horas, nunha  xuntanza en materia de seguridade viaria con varias asociacións veciñais, no Centro sociocultural A Saira, en Nois.

Ás 12,30 horas, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado do director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, visitará a Fábrica de Sargadelos, en Cervo.

E ás 12.45 horas, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, participará no acto polo Día Internacional da Muller, O éxito da diversidade no rural, que organiza o grupo Mulleres de Seu. Será no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, en Vilaframil (Ribadeo).