Comezo por Finca As Fadegas

LUCAS REQUEJO

RIBADEO

28 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O artigo da semana pasada remataba tal que así: «Publicitamos ao veciñ@?». Pois non fago máis que exercer a responsabilidade que creo debo asumir, e nas vindeiras semanas vou publicitar a moitos d@s nos@s veciñ@s mariñáns que adican a súa vida a producir alimentos para os máis. E comezo no lugar de As Anzas no concello de Ribadeo. Alí comezou a producir horta no ano 1978 unha grande muller, Elia, a quen acompañaba o seu home. Producían horta segundo aprenderan, é dicir, como os demáis, o que hoxe coñecemos como horta en convencional. Pero había algo que a aquela parella non lle cadraba ben. Segundo estaban a producir sentían preocupación pola saúde dos seus nenos. Vían como as terras das que dependían se ían degradando, pérdida de nutrintes, desecación e un longo etcétera que podían concluir pola observación do que era o seu lugar de traballo e proxecto de vida.

Foi así como no ano 1997 comezaron a producir horta aplicando criterios ecolóxicos. Atenderon á etimoloxía da palabra ecoloxía, afondaron no coñecemento da casa. Aos máis novos hai que recordarlles que daquela o internet non era cousa popular, así que no caso de querer aprender cousas novas había que invertir moito máis tempo e saír a feiras doutros países, coñecer como se producía pola Europa adiante. Unha vez fixeron eso, retornaron co convencemento de que un facer ecolóxico era posible e no seu caso tamén necesario. Nin que dicir ten que no 97 para nada existía ningún organismo en Galicia que regulase as prácticas ecolóxicas. 23 anos despois Elia desfruta vendo como lle colleron relevo e pode ofrecerlle á súa neta alimentos que lle aporten saúde e vida.

Lucas Requejo é emprendedor social responsable do Espazo de Econoloxía en Radiovoz no programa Voces de Lugo (Tódolos mércores ás 10:40 horas)