O CIFP Porta da Auga ofrecerá o día 6 charlas e un concerto de De Vacas nunha xornada pola igualdade

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

CEDIDA

02 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga de Ribadeo organizará o xoves 6 de febreiro unha xornada pola igualdade. A cita incluirá tres charlas a cargo de expertos, ademais dun concerto do grupo De Vacas. Terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval, e a entrada será libre e gratuíta. Na presentación da xornada interveu o director do CIFP ribadense, Isidro Berdeal, que anunciou que está deseñada pola comisión de igualdade do centro, en colaboración co comité lila do IES Gamallo Fierros, o Concello de Ribadeo, e o IES de Foz. En detalle, de 10 a 12 horas, a psicóloga sanitaria e especialista en sexoloxía Martina González Veiga falará sobre «El silencio también educa: la mala educación sexual». Pepe Cabido, profesor de Filosofía, falará a continuación sobre Masculinidades Igualitarias, e ás 16.30 horas, a profesora Marian Moreno falará sobre «Igualdade e lei, hai que cumprila».