Retrincos sobre Luz Pozo Garza

Eduardo Gutiérrez

RIBADEO

18 ene 2020 . Actualizado a las 17:11 h.

A miña primeira relación con Luz Pozo Garza é a través da súa obra, porque nacera en Ribadeo e por derriba escrebia en galego e iso xa era dabondo para acercarse á súa producción. Nun comezo timidamente a través de alguns poemas ventureiros que aparecian nalgunhas publicacións ocasionais, do estilo de anacos que publicaban os libros das festas, ainda que que adoito compartindo espazo con outros poetas como Xosé Diaz Jácome, e mesmo con Dámaso Alonso. “Volver a la querencia original y a la voz de la sangre” escrebiu o académico.“ E a poeta ribadense soaba: “Atopei o camiño / onde a mañá concentra o primeiro vestixio, / 0s andares primeiros, / a lisura do tempo / para vagar en calma.” Polo demais o meu coñecimento á marxe do paulatino coñecimento da sua producción, sempre foi a través de persoas interpostas: o meu primeiro xefe na Administración era de Viveiro, e sempre falaba de dona Lucita e foi quen me dou as primeiras referencias da poeta. Outra via de coñecimento veu a través do tamén viveirense Hernán Naval. Cando ocupamos a alcaldía correspondeulle a Ribadeo facer a correspondente ofrenda á Virxe dos Remedios, pero cando pouco despois lle tocou a Viveiro, aló acudimos e resultou que a Banda de Música da cidade do Landro solicitou a Hernán un arranxo para banda do Himno do Congreso Eucaritico de dita cidade, que interpretaron na ocasión. Foi cando me enterei que a letra, que unha boa parte interpretou pola súa conta como se fose o himno local, era de Luz Pozo Garza.

Realmente antes desas datas que vimos de mencionar a única referncia persoal que tiñamos fora a travé do seu fillo Gonzalo Vazquez Pozo, con quen tiñamos participado nunha serie de mesas redondas sobre o ensino en Galiza, naqueles anos de activo proselitismo a prol do pais.

 (Palabras do cronista oficial de Ribadeo no acto de nomeamento como Filla Predilecta dde Ribadeo de Dª Luz Pozo Garza). Salón de Plenos do <pszo <municipal o día 25 de xaneiro de 2020)

Tómense estas sucintas liñas como un agasallo que sempre ten unha dose de persoal agarimo, sobre todo pola debeda local á marxe dos propìos valores poéticos que outros moitos teñen gabado e que nós acollemos como unha filla predilecta. Tómese como unha pequena doa da súa vila natal.