Ribadeo quere aproveitar a presenza do BNG no Congreso para facerse oír

Ana Pontón, Olalla Rodil e Néstor Rego firmaron no libro de honra do Concello


ribadeo / la voz

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, acompañada pola deputada autonómica Olalla Rodil e polo deputado no Congreso Néstor Rego, foi recibida este martes no concello de Ribadeo, nun acto institucional, polo alcalde, Fernando Suárez, e o goberno municipal. Os tres firmaron no libro de honra do Concello e á súa chegada, Ana Pontón, puxo a Ribadeo como exemplo dos froitos que dá a xestión do BNG: «É un concello onde levamos vendo moito tempo a capacidade de transformación en positivo que ten o BNG, cómo somos quen de poñer en marcha proxectos que melloran a calidade de vida das persoas, que apostan polo comercio local, que apostan tamén por unha mobilidade sostible e por, en definitiva, mellorar as condicións de vida dos galegos e das galegas».

Na xuntanza de traballo o alcalde, Fernando Suárez, trasladoulles as súas demandas para que as defendan nas institucións: «Quixemos que viñeran porque estamos moi agradados deste impulso potente que eles traen e que necesitamos en Ribadeo, porque moitas veces nos sentimos sós e nos sentimos desamparados institucionalmente por parte da Xunta».

Temas como o segundo acceso á A-8 a Ribadeo, a circunvalación ou, a recuperación da ruta do tren mineiro ata A Pontenova serán no futuro presentadas e reivindicadas polo Bloque en Madrid.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
15 votos
Comentarios

Ribadeo quere aproveitar a presenza do BNG no Congreso para facerse oír