Ribadeo licita por un millón o Servizo de Axuda no Fogar


ribadeo / la voz

O Concello de Ribadeo vén de sacar a licitación o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na modalidade de dependencia, por un prazo de dous anos máis posible prórroga doutro. O orzamento para 2020 e 2021 ascende en total 1.047.000 euros e o prazo para presentar ofertas é hasta o 28 de novembro. Serán 33.000 horas as que teña que prestar e deberá ofrecer servizos de podoloxía, fisioterapia e perruquería a domicilio. Na actualidade o SAF na modalidade de dependencia conta con 52 usuarios e usuarias en Ribadeo, número que podería medrar.

«Desde o Concello de Ribadeo nestes días estamos coa licitación pública dun contrato moi importante, que estaba vencido xa desde había algún tempo e que era necesario que volvésemos a sacalo en licitación pública. É o SAF. É un contrato que engloba 33.000 horas anuais, aproximadamente 2.750 horas ao mes, e sacámolo a un prezo tipo de 15,25 euros por hora máis IVE, o que significa unha actualización importante dos 12,8 euros que estábamos pagando agora. Hai que lembrar que contempla todo tipo de atencións de carácter persoal, de necesidades domésticas e mesmo tamén atención de carácter sicosocial para toda esta xente que o necesita», sinalou o alcalde, Fernando Suárez.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ribadeo licita por un millón o Servizo de Axuda no Fogar