Ribadeo proxectará hoxe de novo «O que arde», de Oliver Laxe

A sesión dará comezo ás 20.30 horas nos Cines de Ribadeo


ribadeo / la voz

Despois do éxito acadado a semana pasada, cando nos cines de Ribadeo se rexistraron colas para ver O que arde, a película máis recente de Oliver Laxe, o Concello de Ribadeo tomou a decisión de impulsar unha nova proxección. O segundo pase terá lugar esta noite, a partir das 20.30 horas, nos Cines de Ribadeo. A obra máis recente do director, que naceu en París en 1982 pero é fillo de emigrantes dos Ancares lucenses, foi aclamada no Festival de Cannes, onde recibiu o premio do xurado na sección Un Certain Regard, na que competía.

Rodada nas montañas lucenses

Interpretada por Amador Arias e Benedicta Sánchez, a cinta foi rodada nas montañas lucenses. «Nadie espera a Amador cuando sale de la cárcel tras cumplir condena por haber provocado un incendio. Allí volverá a convivir con su madre, Benedicta, su perra Luna y sus tres vacas. Sus vidas transcurren al ritmo sosegado de la naturaleza, hasta que todo cambia cuando un fuego violento arrasa la zona», resume o portal Filmaffinity.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ribadeo proxectará hoxe de novo «O que arde», de Oliver Laxe