Ribadeo suma outra centenaria: María de los Ángeles Vacas Montenegro

La Voz

RIBADEO

PEPA LOSADA

Foi agasallada polo Concello ribadense

22 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, fíxolle entrega onte ao mediodía dunha placa conmemorativa a María de los Ángeles Vacas Montenegro, veciña de Ribadeo que cumpriu 100 anos. A homenaxeada celebrou esta data tan especial na compañía da súa familia. Mónica Freire expresoulle os parabéns no nome do Concello.