Preocupación en Ribadeo e Trabada, que queren auga para consumo con garantías do Eo

La Voz

RIBADEO

PEPA LOSADA

04 sep 2019 . Actualizado a las 22:08 h.

O alcalde de Ribadeo e a alcaldesa de Trabada veñen de enviarlle un segundo escrito ao presidente da Xunta, Núñez Feijóo, no que lle solicitan unha

xuntanza para abordar a problemática existente co abastecemento de auga para o consumo humano nestes dous municipios da Mariña Oriental.

Suárez Barcia, rexedor de Ribadeo, subliña que a Xunta elaborou hai oito anos un proxecto global para substituír a tubaxe que ven desde Vilarbetote, en Trabada, e que suporía un investimento de máis de 5´5 millóns de euros. Tamén hai seis anos chegou a facer unha separata para unha primeira fase, onde se construiría un depósito de auga por 1´5 millóns de euros». O alcalde manifesta «que nunca se soubo nada máis destes dous proxectos».

Os rexedores de Trabada e de Ribadeo reitéranlle a Aberto

Núñez Feijoo «a necesidade de xuntarnos canto antes, á maior brevidade posible, co fin de garantir a subministración de auga desde o río Eo».

Suárez lembra que «a condución principal de auga para estes dous concellos depende dunha captación que está no Eo, no lugar de Vilarbetote, en Trabada. Desde alí, durante vinte quilómetros ven por unha condución de fibrocemento dos anos setenta, que está moi desgastada e rompe cada pouco, e quedamos sen auga».