Glifosato na política municipal


        O pasado día 2 de xullo de 2019 fará historia na vida do herbicida Glifosato. O parlamento austriaco decidiu ese dia que os productos que contivesen glifosato estarían prohibidos en aquel país alpino. Este herbicida, comercializado pola empresa Monsanto nos anos 70 do século pasado, foise extendendo por todo o mundo a través de unha campaña de marketing centrada na sua indiscutible eficacia e na sua suposta inocuidade. Ainda no 1993 a OMS e a EPA (USA) calificabano “ de baixa toxicidade”. Despois de infinidade de estudos e manipulacions pola empresa productora (agora Bayer), o 20 de marzo de 2015 a OMS declarouno “probablemente canceríxeno para a especie humana”. Dende entón unha morea de colectivos ecoloxistas, cidades e movementos sociais veñen loitando activamente para acadar a supresión definiva de este produto ca resistencia do sector produtor e comercializador e concretamente da Unión Europea que mantén unha moratoria ate 2022. Debemos suliñar aquí a laboura de un grupo de deputados europeos, entre eles de Lidia Senra para acadar unha prohibición definitiva que non acaba de chegar.  Non é custión de centrarse agora nos efectos do glifosato sobre a saúde humana e sobre o medio ambiente porque están amplamente documentados nas redes e na mais diversa literatura.

        O que queremos suliñar son tres cousas:

        1.- O Glifosato estase usando de xeito moi extendido na nosa comarca, concretamente nos cultivos de fabas, millo, cunetas espazos públicos etc.     

        2.- Non existen iniciativas, nen da xunta, nen dos concellos, nen de colectivos sociais, ou estas son mínimas e de escaso impacto, para acadar a sua supresión en un prazo razoable.

        3.- Faise imperativo poñer en marcha programas locais e comarcais ca máxima urxencia para reducir e suprimir este produto “probablemente canceríxeno” según a OMS ten recoñecido xa hai mais de catro anos.

      O colectivo En Marea suxire unha serie de medidas  de baixo custe e de escasa complexidade técnica que poden servir para iniciar un camiño nos concellos da Mariña.

1.- Constituir grupos de traballo abertos e transversais a nivel de concello ou de varios concellos e marcarse  unha data límite para que toda a Mariña se teña declarado libre de glifosato, seguindo a iniciativa do Concello de Viveiro que xa adoptou este acordo no ano 2016.

2.-  Adoptar programas de erradicación progresiva, comezando pola prohibición de uso en espazos públicos e administarcions a tódolos niveis.

3.- Aprobar programas de analises periódicos e programados, con métodos contrastados, de augas, alimentos, orina humana e outros parámetros que se acorden previos informes técnicos, para un seguimento programado debendo marcarse uns indicadores pbxectivos orientados á erradicación.

4.- Establecer planes de información e educación da veciñanza, agricultores, estudantes, etc. tanto a nivel de concello como comarcal, con proxección mediatíca e redes sociais escalonada e programada.      

5.- Coordinación a nivel comarcal entre concellos, colectivos sociais, sindicatos do campo, AAVV, pais de alumnos, xubilados, sanitarios etc. Nos propoñeríamos unha coordinadora aberta de carácter comarcal pero se non fose posible poñela en marcha a corto prazo seríamos partidarios de iniciar coordinoras locais ou que agrupasen a varios concellos con carácter provisional.

  En resumen trátase de pasar da inacción actual e a posición de “expectativa” a unha actitude activa, coordinada e orientada á supresión deste produto “probablemente canceríxeno” e altamente prexudicial para o medio, no prazo mais curto posible. O que aquí se prantexa son unas sinxelas suxerencias pero o noso grupo está aberto a calquer outro tipo de acción orientada no mesmo sentido

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Glifosato na política municipal