Ribadeo acollerá hoxe un recital poético en galego, asturiano e éuscaro

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

PEPA ALOSADA

14 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

No Teatro de Ribadeo dará comezo este venres ás 20.30 horas o recital Ventos Poéticos, Un Nordés Cantábrico, impulsado polo Concello de Ribadeo. Intervirán na cita cultural poetas en distintas linguas do norte peninsular, como Leire Bilbao e Rikardo Arregui (éuscaro), Vanessa Gutiérrez (asturiano) e Xosé M. Álvarez Cáccamo (galego). Conducirá o acto a poeta Yolanda Castaño.