«Se fora alcaldesa de Ribadeo traballaría para restablecer cauces de diálogo coa Xunta»

María Cuadrado Fernández
m. cuadrado RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

CEDIDA

Rey, graduada en Turismo, quere potenciar o polígono negociando unha rebaixa do prezo do solo

22 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Marta Rey (A Pontenova, 1994) reside dende que tiña dous anos en Ribadeo, municipio do que lle gustaría ser alcaldesa. O ano pasado afiliouse ao PSOE e para ela esta é a primeira vez que forma parte dunha candidatura. «Unha campaña política sempre require de moita dedicación, pero é moi reconfortante estar e coñecer a todos os veciños e tamén coñecer as súas necesidades», explica a candidata ribadense, que é graduada en Turismo e técnico superior en Xestión de Eventos e Axencias de Viaxes.

-Dígame tres proxectos prioritarios para executar en Ribadeo.

-Unha maior atención á zona rural a través da mellora de infraestruturas, como pode ser á traída de augas, e un constante mantenememto desas zonas.

Temos como obxetivo conseguir o asentamento de empresas e unha das medidas é tratar co Sepes para estudar unha posible redución do prezo do solo. E o terceiro proxecto é que traballaremos para conseguir a desestacionalizacion do turismo, co obxectivo de que se cree máis emprego e de lograr xerar máis beneficios na vila.

-Se saíra alcaldesa, cal sería a primeira xestión que faría?

-Traballaría para restablecer cauces de diálogo coas institucións, sobre todo coa Xunta, ademais de recuperar una forma de gobernar transparente e en constante colaboracion cos veciños.

-Cal cre que a imaxe que proxecta Ribadeo e que habería que corrixir?

-Somos un pobo cun gran potencial turístico, que recibimos a milleiros de persoas ao longo do ano. Ribadeo ten un gran potencial, pero hai que apostar por reforzar servizos, como o de garantir unha limpeza urbana adecuada. Un dos nosos proxectos é instalar contenedores subterráneos e tamén bocas de rego, estas para incendios e para limpar as rúas. É importante apostar por iniciativas que permitan a creación de emprego, ofrecer unha boa programación cultural...

-O domingo tiveron mitin, teñen previsto celebrar máis actos públicos estes días?

-O do domingo foi o mitin grande, pero nós optamos por facer unha campaña electoral máis porta a porta. Queremos estar cos veciños, sobre todo cos das parroquias. Eu son unha candidata nova e creo que este contacto directo cos veciños axúdame a darme a coñecer mellor.