En Ribadeo de Tapeo venderon 50.000 tapas por un importe de 75.000 euros

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

CEDIDA

21 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A concelleira de Turismo de Ribadeo, Ana Martínez, fixo onte un balance moi positivo do XIV Ribadeo de Tapeo. En total, informou, foron vendidas máis de 50.000 tapas entre o 11 e o 19 de maio, o que supuxo un movemento de 75.000 euros en total nos 45 establecementos participantes nesta edición. Onte o xurado reuniuse para decidir as mellores tapas entre os establecementos que participaron no concurso.

A de El Oviedo, gañadora

O primeiro premio foi para El Oviedo con «Rillete de raia e botarga, licuado de chícaros, tubérculos e oblea de castañas»; o segundo correspondeulle a O Piano con «O que quedou de Calafete»; e o terceiro recaeu no Marinero con «Días de feira». O premio á tapa de Ribadeo foi para Texturas Galegas con «Lareira do mar». O xurado estivo composto por Bruno Lombán, do Quince Nudos (Rivadesella), e vinculado familiarmente con Ribadeo; Álvaro Villasante, do Paprika de Lugo; Maricha Vicente, un referente na cociña galega e unha das primeiras estrelas Michelín, e dous profesionais do Ribadeo de Tapeo: Miguel Ángel Sánchez e Ana Martínez.