A creación de emprego, clave para o BNG de Ribadeo

Fernando Suárez presentou un «programa de goberno» para renovar mandato


Ribadeo / La Voz

Fernando Suárez aspira a que o resultado das eleccións do 26 de maio lle permita continuar co proxecto iniciado no 2007 á fronte da alcaldía de Ribadeo, e con esa filosofía deu a coñecer o programa co que espera revalidar a confianza dos ribadenses, e que define como «de goberno». Estruturado en catro áreas (socio-económica, socio-comunitaria, infraestruturas e servizos xerais), o documento fixa a creación de emprego como unha das súas claves. Con esa meta, entre outros, o equipo que lidera Suárez Barcia pedirá ao Sepes e ao Ministerio de Fomento que baixe o prezo das parcelas do polígono industrial para que sexa máis competitivo. Desestacionalizar o turismo, mellorar a seguridade e o mantemento do porto ou afondar na promoción do Camiño de Santiago son outras das metas. En canto ao comercio, traballarán para impulsar unha mellora «sustancial» das instalacións da praza de abastos, ou incidirán na identificación de Ribadeo con produto de calidade. Reclamar que se cubran as baixas de persoal sanitario no centro de saúde, reforzar os servizos de proximidade ou modernizar as instalacións do hospital asilo son outras propostas incluídas nun programa que tamén aposta pola igualdade, a cultura, a mocidade, o deporte ou o medio rural.

Vive Camino

Toda la información sobre el Camino de Santiago en Vive Camino

Votación
6 votos
Comentarios

A creación de emprego, clave para o BNG de Ribadeo