Química xoven co galego dende Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Pepa Losada

Uns dous mil escolares participaron no Correlingua polas rúas ribadenses

08 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

«É un dos proxectos cos que se consegue aglutinar un número moi alto de mocidade arredor dun elemento común, creado polo noso pobo, como é o galego», sinalan dende a organización do Correlingua. A edición de 2019, co lema «O galego é a fórmula», lembrando á súa vez os 150 anos da táboa química periódica, celebrouse onte cuns dous mil escolares participando na cita que organizan conxuntamente CIG-Ensino, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Mesa pola Normalización Lingüística, en colaboración cos concellos galegos onde se leva a cabo. Onte foi a quenda do de Ribadeo, no que houbo moreas de actividades como a «carreira» para os de Secundaria dende Illa Pancha ata Cantón dos Moreno, sendo tamén neste último enclave a festa programada para os de Infantil e Primaria con concerto de Paco Nogueiras. A presentación da cita correu a cargo de Isabel Risco.

Parte do manifesto do Correlingua 2019

«O galego é a fórmula. Nós somos o elemento. Reacción, reacción, reacción, reacción... Estes son os símbolos químicos! O galego é o noso símbolo! Temos química coa nosa lingua. Agora é o momento! Alimenta a túa lingua! Apostamos polo futuro! Avanzamos... Acollemos tamén aos de fóra AY, BW, JK, JU, WO, WT, YZ. Bioloxía en galego, berra! Busca a súa alma. Baila coa lingua. Cántao. Non a cambies por nada. Contáxiate do galego. Colabora con nós. Crea en galego (...»