A gran festa escolar do galego vívese ao grande en Ribadeo

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Pepa Losada

Case dous mil alumnos de toda A Mariña participan esta mañá na axenda do Correlingua 2019

07 may 2019 . Actualizado a las 14:06 h.

"Temos química coa nosa lingua" é o título do manifesto do Correlingua 2019 que hoxe se le dende Ribadeo, coa participación de case dous mil escolares de toda A Mariña. O tempo axudou no desenrolo de citas destacadas como a carreira que comenzou de Illa Pancha, con destino final no Cantón dos Moreno, de alumnos de Secundaria, mentres os de Infantil e Primaria gozaban con actividades como o concerto de Paco Nogueiras. Cabe lembrar que o Correlingua está promovido por CIG-Ensino, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Mesa pola Normalización Lingüística, en colaboración cos concellos."O Correlingua _enfatizan dende a organización da xa veterana festa da lingua galega entre os máis novos e as comunidades educativas_ é un dos proxectos cos que se consegue aglutinar un número moi alto de mocidade arredor dun elemento común, creado polo noso pobo, como é o galego". Na Mariña a coordenadora é Dores Fernández Abel. O lema: "O galego é a fórmula".